1. Información xeral
A titularidade sobre os nomes de dominio cedro.es, cedro.org, cedro.net, cedro.com.es, cedro.nom.es, cedro.org.es, esdelibro.es e observatorioculturaescrita.org corresponde ao Centro Español de Derechos Reprográficos (en diante CEDRO), entidade de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual con enderezo en Alcalá, 21, 2º, 28014 Madrid (teléfono +34 91 308 63 30, fax +34 91 308 63 27 e correo electrónico cedro@cedro.org).
CEDRO, cuxo NIF é V-78652203, atópase inscrito no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 74.685, e foi autorizada para actuar como entidade de xestión de dereitos de autor por Orde do Ministerio de Cultura de 30 de xuño de 1988.
2. Sobre este aviso legal
O obxecto deste aviso legal é presentar as condicións xerais que regulan o acceso, navegación e uso do sitio web de CEDRO, así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos.
Os nomes dos epígrafes deste aviso legal deben considerarse simplemente informativos, e non afectarán a interpretación das condicións xerais.
O feito de que CEDRO non exercite ou execute calquera dereito ou disposición dos definidos neste aviso legal non poderá interpretarse como unha renuncia aos mesmos, non sendo que así se recoñecera e acordara por escrito.
Adicionalmente a estas condicións xerais, CEDRO poderá establecer condicións particulares que regulen a utilización ou contratación de servizos específicos ofrecidos a través da súa web. En caso de discrepancia entre o que se establece nestas condicións xerais e as condicións particulares dun servizo, prevalecerá o disposto nestas últimas.
3. Usuarios
O feito de acceder, navegar ou utilizar este sitio web confire a quen o leva a cabo a condición de Usuario. Desde o momento en que algún deses feitos se realiza, o Usuario acepta plenamente e sen reserva ningunha as condicións xerais contidas neste aviso legal, así como as condicións particulares que, no seu caso, se establezan para determinados servizos e contidos do sitio web. Por este motivo, o Usuario debe ler atentamente este aviso legal.
4. Uso deste sitio web, os seus contidos e servizos
O Usuario comprométese a utilizar este sitio web e os seus servizos e contidos de forma correcta e lícita, de acordo coa lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
O Usuario non realizará accións que poidan causar danos ás páxinas web deste sitio ou que poidan inutilizalo, sobrecargalo ou deterioralo de calquera xeito. Tampouco levará a cabo ningunha actividade que poida impedir aos demais usuarios a normal utilización ou goce do sitio web.
Quedan prohibidos os seguintes actos en relación cos contidos deste sitio web:
- A súa reprodución, distribución ou modificación, salvo que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
- A vulneración dos dereitos de CEDRO ou dos lexítimos titulares sobre os mesmos.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, non sendo que se conte coa autorización por escrito de CEDRO.
-
Se para a utilización ou contratación dun servizo no sitio web o Usuario tivese que rexistrarse, este será responsable de achegar información veraz e lícita. No caso de que o rexistro implique a asignación ao Usuario dun contrasinal, este comprométese a usalo de maneira coidadosa e a mantelo en segredo. Os Usuarios son responsables da confidencialidade dos contrasinais e outros identificadores que CEDRO lles proporcione, e comprométense a non cedelos nin permitir o seu uso a terceiros, nin de forma permanente nin de maneira temporal. Será responsabilidade do Usuario a utilización ilícita dos servizos deste sitio web por un terceiro mediante un contrasinal debido ao seu uso non dilixente ou á súa perda polo Usuario.
O Usuario deberá comunicar a CEDRO de maneira inmediata calquera circunstancia que poida supor o uso indebido de contrasinais e outros indicadores, por exemplo o roubo ou a perda. En tanto non se produza esa comunicación, CEDRO quedará eximida de toda responsabilidade que puidese derivarse do uso indebido por terceiros non autorizados de tales contrasinais.
5. Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial
CEDRO é titular dos dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial deste sitio web ou ten a correspondente licenza ou autorización para o seu uso. CEDRO tamén é titular dos dereitos de propiedade intelectual, industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles nesta web, ou conta coa autorización necesaria para a súa utilización. O acceso, navegación e uso deste sitio web polo Usuario non implica en ningún caso renuncia, transmisión, licenza nin cesión total ou parcial por parte de CEDRO dos citados dereitos.
En consecuencia, non está permitido suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor (copyright) e calquera outros datos de identificación dos dereitos de CEDRO ou dos seus titulares incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calquera mecanismos de información ou de identificación que puideren conterse nos contidos.
Igualmente quedar prohibido reproducir, modificar, reutilizar, explotar, comunicar publicamente, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos no sitio web para propósitos públicos ou comerciais, se non se conta coa autorización expresa e por escrito de CEDRO ou, no seu caso, do titular dos dereitos a que corresponda.
O nome CEDRO e o correspondente logo é marca rexistrada e queda prohibida a súa reprodución ou uso sen a autorización do seu titular.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da súa exclusiva responsabilidade.
6. Responsabilidade
A responsabilidade do uso deste sitio web corresponde única e exclusivamente ao Usuario. Dita responsabilidade debe entenderse de aplicación tamén ao uso, polo usuario ou un terceiro, dos contrasinais ou identificadores similares que puidesen ser necesarios para o acceso ao sitio web ou aos seus servizos.
En calquera caso, CEDRO resérvase o dereito a denegar sen necesidade de aviso previo o acceso ao sitio web aos usuarios que incumpran estas condicións xerais, ou as condicións particulares que poidan terse establecido.
CEDRO non se fai responsable en ningún caso dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran causarse por:
A non dispoñibilidade, mantemento e funcionamento do sitio web ou dos seus servizos ou contidos;
- a falta de utilidade, adecuación ou validez do sitio web ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios;
- a existencia de virus nos contidos;
- calquera uso dos contidos por parte dos usuarios, e especialmente os usos ilícitos, neglixentes, fraudulentos ou contrarios ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados e á orde pública;
- a ilicitude, falta de calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición ou anunciados no sitio web;
- o incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do sitio web.
7. Política de Privacidade e Cookies
Para coñecer as nosas Políticas en materia de Protección de datos e cookies, visita a nosa Política de Privacidade e a nosa Política de Cookies.
8. Ligazóns
As ligazóns e contidos de páxinas web de terceiros ás que se pode acceder desde este sitio web, non son responsabilidade de CEDRO, non podendo garantir que sexan exactos no momento de acceso do usuario.
9. Xurisdición
As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española.
CEDRO e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles a condición de que a lexislación que resulte de aplicación non dispoña obrigatoriamente outra cousa, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo deste sitio web e dos seus servizos e contidos, e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.