cab_seccion_aprenderainvest

Identidade do responsábel do tratamento

Titular:
Centro Español de Derechos Reprográficos (en diante, CEDRO) Entidade de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual
Domicilio:
C/ Alcalá, 21, 2º, 28014 Madrid
CIF:
V-78652203
Rexistro:
Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior co número 74.685 e autorizada para actuar como entidade de xestión de dereitos de autor por Orde do Ministerio de Cultura de 30 de xuño de 1988.
Dominios:
https://www.cedro.org
https://www.conlicencia.com/
http://www.esdelibro.es/
http://blogconlicencia.com/
Email:
dlp@cedro.org
DPO / Contacto:
Bird & Bird (International) LLP
Dirección: Paseo de la Castellana 7, 7ª planta. 28046 Madrid. España

De conformidade coa normativa de datos de carácter persoal en vigor, e calquera outra lexislación relevante e actual aplicable, o usuario queda informado de que os datos persoais proporcionados serán tratados por CEDRO unicamente para os fins descritos no formulario ou contrato correspondente.

2.Información sobre actividades de CEDRO, dereito de Propiedade Intelectual e cultura

No caso de que Vostede, en calquera dos formularios existentes nas diferentes webs de CEDRO, acepte o envío de información sobre as actividades da nosa Entidade, informamos de que os datos de carácter persoal proporcionados serán tratados por CEDRO para mantelo informado sobre a súa actividade, amparándose no seu interese lexítimo no caso no que se considere que existe unha relación xurídica con Vostede, ou ben no seu consentimento, ao marcar a casa aceptando a Política de Privacidade, cando non exista unha relación xurídica entre Vostede e CEDRO.

Informamos de que a Entidade conservará os seus datos mentres dure a relación negocial e non se opoña a recibir información, ou mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis.

Da mesma maneira informamos de que, no caso de que a base lexitimadora sexa o interese lexítimo, pode oporse ao tratamento dos datos coas finalidades apuntadas, en calquera momento, mediante o envío dun correo electrónico a cedro@cedro.org.

3.Subscrición a “ CEDRO Informa” ou outros boletíns

No caso de que Vostede se subscribira a “CEDRO Informa” ou outros boletíns á súa disposición en calquera das webs de CEDRO, informamos de que os datos de carácter persoal proporcionados serán tratados para xestionar a súa subscrición ao boletín correspondente e enviarlle así boletíns de noticias, amparándose no seu consentimento, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade.

Informamos de que a Entidade conservará os seus datos mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis a CEDRO.

4.Concursos, sorteos e outras accións organizadas por CEDRO

No caso de que Vostede participe nalgún concurso, sorteo ou calquera outro evento organizado por CEDRO a través das súas webs, informamos de que os datos de carácter persoal proporcionados serán tratados pola Entidade para xestionar a súa participación no concurso/sorteo/evento organizado, amparándose no seu consentimento, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade, así como a casa aceptando as bases do concurso.

Da mesma maneira informamos de que a Entidade conservará os seus datos mentres se desenvolva o concurso, sorteo ou evento, mentres non se produza a revogación do seu consentimento, e sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis a CEDRO.

5.Formularios de contacto e rexistro

No caso de que Vostede cumprimente algún formulario de contacto ou rexistro nas webs de CEDRO, informamos de que a Entidade tratará os datos de carácter persoal proporcionados en tales formularios para atender as súas consultas e para a xestión e tramitación do servizo solicitado, amparándose no seu consentimento, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade, ou ben na execución da relación xurídica existente entre as partes, de entenderse que o rexistro dá lugar á existencia de devandita relación.

Da mesma maneira informamos de que CEDRO conservará os seus datos mentres dure a relación negocial con Vostede ou mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis á Entidade.

6.Procura de autores e /ou editoriais

No caso de que Vostede sexa autor ou editor, e cubra os formularios relativos á procura de autores ou editoriais, informamos de que a Entidade tratará os datos proporcionados para comprobar a titularidade da súa obra e poder así entregarlle, no seu caso, as cantidades pendentes de cobro, amparándose no consentimento do interesado, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade.

Os datos proporcionados conservaranse mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis a CEDRO.

7.Acceso a Office 365 e outros beneficios

No caso de que Vostede cubra o formulario relativo ao acceso a Office 365, ou outro formulario relativo a outro beneficio concreto, informamos de que os datos facilitados serán tratados por CEDRO para xestionar o seu acceso a Office 365 ou o beneficio correspondente, amparándose a Entidade no consentimento do interesado, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade, ou ben na execución do contrato subscrito entre as partes, coa condición de que se trate dun socio.

Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación contractual con Vostede ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais aplicábeis a CEDRO.

8.Blogs e os seus servizos

No caso no que Vostede se subscribira a algún dos blogs existentes nas webs de CEDRO, informamos de que os datos que facilite serán tratados pola Entidade para poder facilitarlle información sobre a tramitación da súa comunicación, así como de calquera asunto relacionado coa mesma, amparándose no seu consentimento, tras cubrir e enviar o formulario correspondente marcando a casa aceptando a Política de Privacidade, así como a casa aceptando as condicións de participación no Blog.

A Entidade conservará os seus datos mentres non se produza a revogación do seu consentimento, sen prexuízo da súa conservación mentres persistan as obrigas legais aplicábeis a CEDRO.

9.Exercicio de dereitos comúns a todos os datos persoais

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en CEDRO estamos a tratar os seus datos persoais. Nese caso Vostede conta cos dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade, respecto dos seus datos de carácter persoal, así como coa posibilidade de revogar o seu consentimento, podéndoos exercitar por escrito a cedro@cedro.org ou por carta a C/ Alcalá, 26, 3ª Planta, 28014, Madrid.

Especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, Vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control. A estes efectos debe dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6, 28001-Madrid.

10.Comunicación de datos a terceiros

Con carácter xeral, CEDRO non cederá os seus datos a terceiros salvo por obriga legal. Con todo, é posible que, para a correcta prestación dos servizos, a Entidade deba comunicar determinados datos persoais a terceiros que lle presten servizos, exclusivamente para o seu correcto funcionamento.

En calquera caso, estas comunicacións de datos faranse como encargo de tratamento por parte de devanditos terceiros, para a prestación de servizos a CEDRO.

Neste sentido, CEDRO contará cos correspondentes contratos de encarga de tratamento cos terceiros que traten ou accedan aos datos de carácter persoal responsabilidade da Entidade, en cumprimento do establecido na normativa de Protección de Datos.

11.Recomendación de sitios/páxinas web

CEDRO, cando recomenda ou enlaza algún sitio/páxina web, considera que os mesmos son de interese para o usuario.

A Entidade non ten unha obriga de supervisión respecto dos sitios/páxinas web que liga ou recomenda. Os mesmos foron creados por persoas xurídicas, físicas ou entes sen personalidade, alleos a CEDRO. Esta non intervén na súa xestión, nin os financia, nin decide respecto dos contidos incorporados, nin xestiona ou participa nos servizos que os sitios/páxinas web ligados ou recomendados fornecen. A Entidade anulará calquera ligazón absténdose de recomendar o sitio/páxina web cando teña constancia fidedigna de que este e/ou os servizos que fornece son ilícitos ou lesionan bens ou dereitos de terceiros susceptíbeis de indemnización.

12.Uso de cookies

Prema aquí para obter información sobre o uso de cookies.

13.Seguridade dos datos

CEDRO adoptou nos seus centros de traballo e/ou locais, sistemas, infraestruturas de comunicacións, etc., as medidas de seguridade que a normativa de Protección de Datos de carácter persoal require. Tamén adoptou, entre outras, as medidas lóxicas, físicas, organizativas e contractuais que eviten o acceso de terceiros aos datos sen autorización, así como a destrución, a modificación, a reprodución, a divulgación, a transmisión ou a reutilización dos mesmos.

A pesar diso, sempre que Vostede proporcione información persoal na rede, existe o risco de que terceiras persoas, cuxo control quede fóra do noso alcance, poidan interceptar esta información e utilizala.

Aínda que a Entidade se esforce por protexer a información persoal e a súa privacidade, non se pode garantir a seguridade da información que revele a través da rede e baixo a súa responsabilidade.

14.Vixencia e modificación da política de privacidade

A Política de Privacidade establecida por CEDRO está en vigor desde o 24 de maio de 2018; o usuario pode arquivala e/ou reproducila.

A presente Política poderá ser modificada por cambios nos requisitos establecidos pola lexislación vixente en cada momento, por decisións xudiciais e cambios xurisprudenciais, así como por cambios na actuación e estratexia empresarial da Entidade. Cando eses cambios sexan significativos serán postos en coñecemento do usuario.