cab_seccion_aprenderainvest

 

 

A Asesoría de esdelibro.es ten como obxectivo responder ás dúbidas da comunidade educativa e dos usuarios en xeral con respecto aos valores da creación, o libro e o respecto á propiedade intelectual.

Dende esta asesoría de esdelibro.es só se resolverán dúbidas sobre o uso da propiedade intelectual no mundo educativo, pero non se responderán cuestións xerais acerca dos dereitos de autor e a propiedade intelectual.

 

Preguntáronnos...

Son profesor de Filosofía nun Instituto de Ensino Secundario. Para impartir a miña clase preparei un expediente con fotocopias dalgúns capítulos de libros e artigos de revista que considerei interesantes. A miña intención é repartir este expediente entre os meus alumnos. É legal? Grazas pola súa resposta.

Estimado amigo:
Pode facelo contando coa autorización dos titulares dos dereitos das obras que quere reproducir. A forma máis sinxela de obter esa autorización é poñéndose en contacto con CEDRO (www.cedro.org), que xestionará para Vde. a licenza de reprodución en nome dos autores e os editores dos libros, revistas e outras publicacións que necesite.

Para un traballo de Bioloxía que estou facendo, necesito copiar un fragmento dun artigo moi interesante que encontrei nunha revista. Podo facelo?

Estimado amigo:
Si, pódese incluír nun traballo propio un fragmento da obra doutro autor, sempre que se indique correctamente o autor da cita e a fonte da que procede; neste caso, a revista.

Son autora, xunto con outros compañeiros docentes, dun libro de texto que realizamos por encargo dunha editorial. Protéxenos a Lei de propiedade intelectual?

Estimada amiga:
Tanto Vde. como os demais coautores están protexidos pola Lei de propiedade intelectual, na medida en que esta lei protexe os autores de creacións orixinais. Non obstante, nalgúns casos, os dereitos de autor sobre os libros de texto corresponden exclusivamente ás editoriais que os publicaron, se se editaron como «obras colectivas» no sentido que dá a esta expresión a Lei de propiedade intelectual no seu artigo 8: «Considérase obra colectiva a creada pola iniciativa e baixo a coordinación dunha persoa natural ou xurídica que a edita e divulga baixo o seu nome e está constituída pola reunión de achegas de diferentes autores cuxa contribución persoal se funde nunha creación única e autónoma, para a cal foi concibida sen que sexa posible atribuír separadamente a calquera deles un dereito sobre o conxunto da obra realizada. Excepto pacto en contrario, os dereitos sobre a obra colectiva corresponderán á persoa que a edite e divulgue baixo o seu nome».

Escriba a súa pregunta

(comprueba que está bien escrito, es fundamental)
Para máis información consulte a Política de Privacidade

De acordo co establecido pola lexislación de protección de datos, informamos de que os datos de carácter persoal proporcionados serán tratados por CEDRO para xestionar a súa participación no concurso organizado pola Entidade, así como para mantelo informado, amparándose no consentimento facilitado polo interesado, ao cubrir e enviar o formulario e ao marcar a casa aceptando a Política de Privacidade, a casa aceptando as bases do concurso, e a relativa ao envío de información.

CEDRO non cederá os seus datos a ningún terceiro, salvo por obriga legal.

Vostede conta cos dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade, respecto dos seus datos de carácter persoal, así como coa posibilidade de revogar o seu consentimento. Pode exercitar estes dereitos enviando a CEDRO unha comunicación por correo electrónico (cedro@cedro.org) ou por correo postal (C/ Alcalá, 21, 2.º Dcha., 28014, Madrid), onde faga mención ao seu nome, apelidos e enderezo de correo electrónico. Para máis información, consulte a Política de Privacidade.